Síntase obsoleta

 

Que se sinte
ao tratáresme como o fixeches?
Despois de poñerme as mans enriba
e contarme quen es en realidade.

Pensei que estaba errado,
pensei que te sentira falar.
Dime como me sinto.
Dime como me sinto agora.

Os que viñeron antes ca min
sobreviviron ás súas vocacións
dende o pasado ata que o conseguiron.
Eles non se afastarán nunca máis.

E aínda écheme difícil
decir o que necesito decir
pero estou certo de que ti me dirás
como debo sentirme hoxe.

Vexo un barco no porto.
Obedecerei, podo e o farei.
E se non fose polas túas desgrazas
eu sería hoxe un tipo estupendo.

E pensei que estaba errado,
pensei que te sentira falar.
Dime como me sinto.
Dime como me sinto agora.

Agora espero aquí erguido.

CREO que che dixen que me deixases
mentres camiñaba cara a praia.
Dime que se sinte
cando o teu corazón arrefece.

(interpretación libre e xa obsoleta de “Blue Monday” de New Order)

Anuncios

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: