As profecías autoincumplidas

«Ás veces pensaba que todo isto que tiñan entre as mans non ía a ningures. Ás veces todo o contrario. Entre o desexo e a evidencia, perforada polo seu afastamento da obxectividade, pero sempre indicativa e demasiado estrañada de si mesma como para ser pertinente antes de que a ilusión embargase os sentidos.

Neste devir entre o obvio e o obtuso, sempre quería engadir algo, e sempre, ao engadires algo, inevitablemente silenciaba outras palabras, outros pensamentos e reflexións que poderían ter sido clarificadores e despexar calisquer avistamento de dúbida, coma quen albisca unha balea branca e pon fin ás especulacións. Resultáballe complexo interpretar simultaneamente nas súas dúas acepcións: executar e xulgar, sentir e racionalizar, construir e analizar. Especialmente en materia e-motiva, movemento especial relativo aos sinsabores da raíz dos comportamentos, propios e alleos.

Por momentos, e a pesar das varias e variadas capas de firme baixo os seus pes, o des-con-solo secuestraba a seguridade do control de entradas e salidas, e tiña a sensación de estar nun bote á deriva nun mar de auga antiga e salgada, entre carneirada e principio de marusía. A vulnerabilidade nómada circulaba entre montes de ourego, cántaras a piques de escachar e acubillos de animais de compañía. Ás veces subía pola aorta e acampaba nos esternóns, chegando a construir asentamentos que durarían eons, protexidos con capas e capas de murallas, sedentarizando o aparentemente insedentarizable.

Quería que ocorrese todo o que imaxinaba, mais non imaxinaba todo o que podía ocorrer. A fría incerteza e clara obsesión que se vivía alí, aos pes da montaña que flanqueaba a cidade anterior á interior, eran ámbalas dúas opresivas e lle tiñan subministrado un vivo-sin-vivir-en-mi porque o recordo todo o per-mexaba, orín de hai uns minutos que semellaba de sempre. Iso era algo cuxa profundidade e abranxencia non alcanzaba a comprender: ainda non se fora e xa lle botaba de menos. Non ían máis que a medio gas e xa se sentía entre o desprezo e a melancolía, coma se fose un xoguete secreto do que só dar conta cando xogaban.

A xerga do virus acabou por esvaecer e entón comprendeu que, lonxe de ser todo aquelo un mal soño, tampouco era unha descrición obxectiva e detallada da realidade subatómica, e que o seu colega non se chamaba Marcial senón Parcial, Parcial Sendón, do gremio dos Mareantes extraorbitais. Sempre sumando un ao sextante e virando á esquerda en calqueira anel exterior.»

Emanacións psicotextuais produto da interacción entre o soño da Dra. Fornitz e a IA coñecida como Tragaldabas